Venres. 26.04.2024

O Padroado da Cultura de Narón presentou a programación que se vai desenvolver no Pazo da Cultura ata o mes de xuño. Unha programación que se inicia este mes de marzo coa séptima edición do festival internacional do monólogo teatral, Singular, ademáis de multitude de actividades e espectáculos de teatro, musicais e monólogos que están programados, según o anunciou a alcaldesa e presidenta do Padroado Marián Ferreiro durante a presentación do programa cultural.

Nada máis iniciarse o mes de abril o día 2, o Pazo acollerá a representación teatral Rastros, da compañía Condetrespés. Obra de Roberto Vidal Bolaño e adaptada por Lois Blanco. O día 3 de abril será a quenda do musical De ellos aprendí, de Artes Escénicas Gaudium. A partir do 9 de abril, a veciñanza terá un amplo abanico de espectáculos cuxos títulos, horarios, sesións e toda información pode consultarse na web do Concello e na do Padroado.

A obra de teatro Golfa, da compañía Crémilo, a peza de marionetas La cazuela de Lola de Tanxarina, a representación de RIF (de piojos y gas mostaza), da compañía Micomicón, serán os espectáculos culturais de abril, mes que pecha a obra Morgana en Esmelle, de Sarabela Teatro, que se poderá ver os días 29 e 30.

O mes de maio tamén ven cun amplo programa que iníciase con Muerte accidental de un anarquista, da compañía Talía Teatro. O día 14 ás 20.00 horas se representará a peza de teatro contemporáneo N.E.V.E.R.M.O.R.E., unha coproducción de Chévere e o Centro Dramático Galego que xa percorreu toda España con gran éxito na taquilla e de crítica. Othello, de Voladora, pechará a programación de maio o 28 ás 20.00 horas. Unha adaptación moderna do relato de William Shakespeare.

En xuño, os días 10 y 11, poderase ver a adaptación de GG Producción Escénica da obra de Miguel Delives Los santos inocentes.

As entradas para o público xeral xa están á venda desde o pasado 19 de febreiro na taquilla do Pazo da Cultura, asemade tamén poden adquirirse a través da páxina web do Padroado da Cultura de Narón: www.padroadodecultura.es