Venres. 26.04.2024

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou na clausura do obradoiro de emprego para menores de 30 anos Empregateapp que se celebrou compartido con Vedra, Boqueixón e Teo e que estivo centrado en Programación con Linguaxes Orientados a Obxectos e Bases de Datos Relacionais. Este taller contou cun apoio da Xunta de 369.000 euros financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

No acto estivo acompañado polos alcaldes de Boqueixón, Manuel Fernández, e Vedra, Carlos Martínez e por membros da corporación de Teo.

Trenor explicou a gran utilidade deste tipo de formación porque, ademáis de mellorar as capacidades para que os desempregados atopen un emprego, complementase con traballos nos concellos e con prácticas nas empresas da contorna.

O representante do Goberno autonómico destacou o compromiso do concello de Teo coa empregabilidade porque levan anos de traxectoria de formación contrastada nesta materia e consegue importantes niveis de éxito nos diferentes programas de formación que afrontan.

O delegado da Xunta apuntou que “a convocatoria deste ano inclúe diversas novidades como a ampliación da duración dos obradoiros dos 9 aos 12 meses meses” Teñen preferencia, como en pasadas edicións, os beneficiarios da Renda de Integración Social de Galicia, as mulleres, en xeral, e as vítimas de violencia de xénero, os parados de longa duración, os maiores de 45 anos, aqueles alumnos que carecen de títulos universitarios ou de FP de grao superior e as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

Trenor destacou que na comarca de Santiago a Xunta financiará na convocatória 2002-2023 outros oito obradoiros de emprego nos concellos de Ordes, Santiago, Trazo, Padrón, Santa Comba, Melide e na mancomunidade de Ordes, grazas a un investimento que supera o 4 millóns de euros.

O delegado da Xunta rematou apuntando que na actualidade, “o Goberno galego está a tramitar unha partida adicional de 10M€ para poder chegar a máis beneficiarios, o que permitirá, cun orzamento global de 50,8 millóns de euros, que unhas 2.000 persoas sen emprego poidan formarse e acceder a un contrato laboral a través de máis dun cento de talleres en toda Galicia”.