Venres. 26.04.2024

O Concello de Brión retomou o pasado domingo 9 de outubro os tradicionais bailes para as persoas maiores, que tiveron que se suspender por mor da pandemia a causa do coronavirus, na que é unha das actividades máis senlleiras do municipio.

Decenas de persoas, todas elas maiores de 55 anos participaron no primeiro destes bailes, e que se van celebrar todos os domingos do mes. Ademais, cada 15 días haberá música en directo, mentres que no resto das sesións alternaranse actuacións de discoteca con outras de karaoke, según decidan as persoas participantes.Os bailes realizaránse en horario de 19.00 a 22.00 horas no centro social polivalente de Brión.

Os bailes eran a última das actividades para maiores que faltaba por recuperar, xa que desde o 3 de outubro está en marcha o resto de iniciativas con piscina, ximnasia, mente activa, informática, teatro e manualidades.