Venres. 26.04.2024

A área urbana de Fonte Díaz de Touro mudou a súa faciana gracias aos graffitis realizados por un grupo de mozos e mozas do Concello que converteron esta zona na Vila do Mañá entre o 16 e o 19 de agosto. Un proxecto educativo capitaneado pola arquitecta Sandra González e dirixido aos máis novos, que pretende “que Galicia teña vilas, entre elas Fonte Díaz, máis sostibles e comprometidas”, indicou Díaz sobre unha iniciativa que iniciou a súa andaina no ano 2016 en Rianxo, e que é o segundo ano que chega ao concello de Touro.

Os máis novos converteron a zona de Fonte Díaz na Vila do Mañá, mudando a súa faciana con murais e graffitis feitos nas paredes, muros e valados tomando conciencia de todas as escalas do común na nova vila de Fonte Díaz: a súa arquitectura, o seu patrimonio, urbanismo e paisaxe. Na anterior edición, a mocidade da vila xa se implicou neste proxecto para transformar a vila e que este ano foi seleccionado para a Bienal Iberoamericána de Arquitectura e Urbanismo, entre máis de 800 proxectos de 22 países.

O proxecto A Vila do Mañá vai máis aló. E durante toda a semana, explica a súa creadora, “primeiro debatemos e tratamos de que os mozos entenderan a obra e o seu contexto: e consensuamos o traballo que iamos facer”, e engade: “posteriormente preparamos o lienzo, neste caso os muros e valados de Fonte Díaz, e traballamos nas rúas”.

González aclara que en cada obra que foi seleccionada tratouse de que os máis novos foran os protagonistas; “conseguindo que as súas siluetas invadiran as rúas da súa vila, Fonte Díaz. E este é o espíritu co que levamos traballando desde hai anos”, explicou González e precisou que “así logramos xerar un vínculo identitario coa súa localidade de orixe, e aínda mellor se son eles quenes quedan plasmados”.

De agora en adiante a rapazada de Touro e a veciñanza convivirán cun espazo no que todos eles son os protagonistas, porque con A Vila do Mañá “queremos xerar nos participantes que nos acompañen nunha nova identidade, dixo a creadora do proxecto e concluíu destacando a importancia de “ter o poder de transformar o espazo”.