Venres. 26.04.2024

Os concellos de San Sadurniño e Moeche acollen conxuntamente o proxecto piloto O Lavadoiro, que pretende propor novos puntos de vista e enfoques que contribúan á eliminación da violencia de xénero. A inciativa está promovida pola área de Igualdade da Deputación coruñesa. O proxecto, que foi presentado hai uns días, está ultimando os detalles do programa inicial de formación e xuntanzas entre a poboación, o persoal municipal e colectivos, para o cal se habilitaron formularios de inscripción, nos que tamén se poden anotar todos os veciños interesados en participar desta iniciativa.

San Sadurniño y Moeche organizarán dous grupos principais de traballo e se manterán xuntanzas con persoal ténico de ambos concellos e coas entidades integradas desde 2019 na Mesa de Coordinación Interistitucional contra a violencia de xénero como son a Guardia Cívil, o Centro de Saúde ou os centros educativos.

As mulleres facilitadoras conformarán o primeiro grupo veciñal e serán capaces de detectar posibles casos  de violencia machista, e ás que se lles ofrecerá a capacitación necesaria e a información sobre os recursos dispoñibles co obxecto de que saiban como conectar coas vítimas, axudándoas a salir desa situación e acompañándoas depois durante un proceso lento e que non é doado para elas. As interesadas en participar poden cubrir o seguinte formulario.

O outro grupo centrarase na educación das novas xeracións para revertir a situación actual e que as actuais interioricen o necesario cambio social. O lavadoiro busca que haxa un grupo de homes comprometidos cunha masculinidade non hexemónica e que cumpran a función de promotores sociais dunha "maneira de ser home" onde o normal sexa a corresponsabilidade no fogar, o respecto e o rexeitamento activo do machismo en todas as súas formas e de calquera tipo de violencia de xénero. Os interesados en formar parte deste proxecto poden inscribirse no seguinte formulario.