Venres. 26.04.2024

A festa máis doce de Galicia, a do melindre de Melide, regresa despois de dous anos de parón pola pandemia, cunha ampla programación que inlúe obradoiros, exposicións, concertos, showcookings ou mesas redondas entre outras actividades e que foron presentadas onte na Praza de Abastos de Santiago de Compostela. Nesta edición ademáis do melindre e da repostería tradicional, a organización busca poñer en valor tamén os produtos locais como o viño espumoso ou o queixo entre outros. Previamente á presentación, ofreceuse un café solidario con melindres cuxa recadación destinarase a axuda directa ao pobo ucraíno.

A Festa do Melindre terá lugar os vindeiro 7 e 8 de maio, máis as actividades previas comezarán o xoves 28 de abril cos obradoiros infantís a cargo das pastelerías Estilo, Tahona e Trisquel. Unha das novidades de este ano é a inauguración da exposición conmemorativa das tres décadas da festa, que se inaugurará o 29 de abril e na que se fai un percorrido pola repostería tradicional da localidade con imaxes da festa (stands), dos produtos, das actividades, do Camiño de Santiago... Previamente aos días centráis da festa, o xoves 5 e o venres 6 de maio haberá faladoiros, showcookings e unha maridaxe de doce e salgado con viños espumosos feitos en Melide. Tod a información sobre as actividades e horarios da festa se poden consultar na seguinte ligazón.

A apertura da feira será o sábado 7 ás 11.00 horas, e o pregón (domingo 8, 12.00 horas) correrá a cargo da xornalista Cristina Papín, que repite despois de dalo de forma virtual o ano pasado. A comunicadora tamén será nomeada embaixadora da festa xunto a Pedro Coego do Recuncho, Pablo Laya, José Mouriño, Daniel Quintás ou Román Varela, todos eles gañadores do concurso da CRTVG Come a comarca. Tamén serán nomeados o chef pasteleiro Manuel Garea e Kike Piñeiro e Eloy Cancela, propietarios da Horta D'Obradoiro.

A festa dividirase en tres espazos o Melindre, o Rico e o Amendoado, onde terán lugar as actuacións musicais de Grande Amore e The Limboos o sábado, e o de Os de abaixo o domingo. Os máis cativos poderán desfrutar na xornada dominical da actuación infantil Jano sen medidas ás 17.00 horas.