Domingo. 05.05.2024

O presidente da Xunta, Afonso Rueda, garantiu que o Goberno galego traballará “ata o último momento” ata que as praias galegas estean “absolutamente limpas” de residuos de pellets que están a chegar pola vertedura destes plásticos por parte do mercante Toconao fronte as costas portuguesas.

“Desde o primeiro momento o obxectivo da Xunta é claro; non descansar ata que as praias queden totalmente limpas”, garantiu o mandatario galego, despois de informar da análise que o Consello da Xunta fixo hoxe sobre o impacto da vertedura de pellets e que, segundo precisou, ten afectado ata este momento a 42 municipios, nos que se teñen detectado estes materias nas súas praias.

Rueda salientou que o Goberno galego xa ten en marca cos concellos un operativo de 200 profesionais para recoller estes pellets e tamén outros residuos plástico que se detectan nos areais e adiantou que “se reforzarán ata os 300 nesta fin de semana”. De igual xeito, explicou que se está a monitorizar a situación en todas as praias afectadas co obxectivo de “retirar canto antes os pellets que vaian chegando”. Ademais, garantiu que o operativo de limpeza da Xunta “continuará activo e en alerta ata que non queden ningún destes residuos nas praias”.