Venres. 26.04.2024

O pavillón de San Valentín de Fene acolleu o pasado mes de febreiro a segunda xornada da Liga Galicia Rías Altas de Judo que se disputou nas categorías cadete, infantil e alevín, no que supuxo a volta á normalidade da competición do judo galego polo parón devido á pandemia da Covid. Ademáis, San Valentín tamén foi o escenario dos Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar (Xogade), consistente en diversas actividades e que se completaron cunha charla sobre a nova normativa de arbitraxe de judo e cunha máster class dirixida polo deportista olímpico Roberto Naveira.

Máis de 500 judocas participaron en Fene e os organizadores da cita coa que o judo galego recobraba a normalidade (Concellería de Deportes de Fene, Club Artes Marciais Fene e AD Judo Ferrolterra) salientaron este feito e mostraron a súa ledicia de que todo volva á normalidade.

As xornadas de judo comezaron coa celebración da segunda sesión da Liga Galicia Rías Altas, nas categorías cadete, infantil e alevín, que concluiu co triunfo por equipos para o Compostela Judo Club, por diante do Club Ximnasio Fibra, do Judo Club Cambre e do A.D. Judo Ferrolterra.

Ao remate da competición, judocas, adestradores e árbitros asistentes, participaron na charla sobre arbitraxe, que impartiu Jaime Roque, Director de Arbitraxe da Federación Galega de Judo, e na que déronse a coñecer as modificaciones existentes no regulamento de competición de judo.

O programa, ao logo da fin de semana, continuou coa máster class, dirixida polo deportista olímpico e director técnico da Federación Galega Roberto Naveira, á que asistiron preto dun cento de judocas de diferentes categorias.

Para finalizar as xornadas de judo, o domingo, foi o turno para o XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar) na zona de Ferrolterra e Lugo, coa participación tamén dun club de Santiago. Nela, xuntáronse ao redor de 250 mozos e mozas judocas, para gozar dunha xornada lúdica de judo na que o de menos foron os resultados competitivos acadados, xa que a mellor nova é o regreso a normalidade nas competicións deportivas.