Venres. 03.02.2023
Entre as actividades ofertadas está a ximnasia, os martes e xoves

O ximnasio do Centro Social de Maiores de Boimorto xa está a pleno rendemento

Usuarios do Centro Social para maiores de Boimorto
Usuarios do Centro Social para Maiores de Boimorto

O ximnasio do Centro Social de Maiores de Boimorto está xa a pleno rendemento desde o pasado setembro.  Mes no que centro municipal abriu as súas portas e iniciou o curso con actividades puntuais como charlas, saídas, celebración de festividades, entre outras.

A o longo da semana, o centro ten programadas diferentes actividades como a ximnasia que se desenvolve os martes e os xoves de 12.00 a 13.45 horas; os xogos de mesa, os xoves de 11.00 a 12.00 horas e teatro de 11.00 a 12.00 horas todos os venres.

Todos os luns, das 11.00 ás 12.00 horas organízase o obradoiro Nunca é tarde, no que as actividades enfócanse cara o fortalecemento, a mellora e a estimulación da axilidade mental e das habilidades sociais a través de actividades como a lectura, escritura, atención, memoria, lóxica, cálculo, manualidades, entre outras. Todo iso, baixo unha metodoloxía dinámica e participativa que proporcione momentos de entretemento e socialización.

Ademais, os martes e os xoves está en marcha o servizo de atención ás dificultades de memoria, nas que se continuará coas actividades de estimulación cognitiva tanto a nivel grupal como individual así como de atención ás familias. Esta iniciativa organízase co asesoramento e a colaboración da unidade de pxicoxerontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Os mércores de 11.00 a 12.00 horas será a quenda da animación á lectura, unha actividade que busca o diálogo, a reflexión, a opinión dos seus participantes despois de traballar sobre sinxelos textos de actualidade.

comentarios
Entrando na páxina solicitada Saltar publicidade